Este curso no cole estivemos a tope investigando coa arte: pintura, escultura, arquitectura, teatro, música, cine e literatura; enchendo as aulas de inspiración artística.
E agora... toca ensinarvos todo o que aprendemos no noso Proxecto Documental Integrado deste curso 24/25 "Pequen@s artistas"!
Para iso, teredes que anotar no seguinte formulario cantas persoas van acudir de cada familia, para poder organizar todo da mellor forma posible!
O último día para anotarvos será o martes 10 de xuño!
Enlace para inscribirse: https://forms.gle/vaSiBLgC41GF6S9G8
💬 Traede os ollos ben abertos e moitas ganas de aprender co talento do noso alumnado.
Animádevos a asistir! As familias tamén formades parte desta aventura artística, a vosa visita é o mellor aplauso para o noso alumnado, que puxo corazón, cor e moita imaxinación en cada obra. así que aquí vos esperamos coa alfombra vermella posta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario