Este venres 20, tras a exposicion do PDI, puxémoslle o ramo ao curso cun día cheo de emocións, risas e momentos inesquecibles. Como non podía ser doutro xeito, quixemos despedir este ano cun plan ben especial... e sobre todo, render homenaxe ao noso alumnado de 6º de Primaria, que comeza unha nova etapa chea de aventuras no instituto.
🎶 E como xa é tradición, tivemos o noso baile conxunto de fin de curso! Todo o cole se puxo en movemento coa coreografía de “Expresso Machiato”, a cañera canción de Estonia en Eurovisión. Un momentazo cheo de ritmo, coordinación, moita enerxía e espírito de equipo.
E para rematar... 🎲 xogos na praia! O mellor escenario posible para pechar o curso: area, sol, alegría e mooooitas ganas de pasalo ben. Carreras, xogos de auga, sorrisos e momentos para gardar na memoria.
Agora si, toca poñerlle o modo verán ao corpo 🌞. Grazas a todas as familias por formar parte deste día tan especial e por acompañarnos durante todo o curso. E aos nosos e nosas maiores… moitísima sorte no camiño que comezades!
Vémonos á volta con moitas ganas e novas aventuras que vivir!
Pinchade AQUÍ para ver todas as fotos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario