Mércores 16 de marzo de 2022
A VOAR!
Hoxe tivemos a visita de Cé Orquestra Pantasma. O seu concerto "A Voar!" conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que fará cambiar a súa vida, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos capaces de mellorar.
A Voar! pretende axudar aos nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre. Así pois, nenos e nenas… a voar!
Non vos perdades os vídeos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario