Luns 7 de marzo de 2022
O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou na actividade "La Mar de Limpio", unha campaña de Educación Ambiental que ten como obxectivo sensibilizar ás persoas sobre a importancia de coidar e protexer o noso litoral e o noso mar dándolle continuidade a investigación sobre a figura de Ángeles Alvariño, fronte ás diferentes ameazas e problemáticas que sofre:
- Residuos que flotan no mar e que se depositan nas praias.
- Vertidos ilegais.
- A sobrepesca.
- Especies invasoras...
A través de actividades lúdico-educativas, os nenos/as coñeceron “in situ” as diferentes situacións que xera a actividade humana e que son prexudicias para o medio ambiente.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario