mércores, 15 de novembro de 2023

MAGOSTO ENTRE XOGOS TRADICIONAIS E CASTAÑAS

Autores: Mikel, Jose e Mauro.

O día  xoves 9 de novembro celebramos no cole o magosto.
Comemos moitas castañas que asou Vivencio (o conserxe), e que trouxeron as familias. Estaban boísimas! Moitas grazas ás familias pola colaboración!

Houbo xogos populares e tradicionais moi divertidos, como por exemplo: a carreira de caracois, o xogo da torre, os zancos... Para isto, fixemos equipos mixtos con todos os cursos (infantil e primaria).
 

Podedes pinchar nas fotos para ver máis!


 

mércores, 8 de novembro de 2023

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Nestas últimas sesións (30 de outubro e 8 de novembro) o traballo consistiu en seguir coa organización do Booktrailer do libro das Formigas. 

Neste esquema deben indicar as imaxes, fotos, vídeos e textos que aparecerán no Booktrailer final que se presentará no festival de Nadal.

Xa pronto comezaremos a empregar os Ipads para darlle forma!

Vémonos na próxima sesión!


luns, 6 de novembro de 2023

TRABALLAMOS OS ANIMAIS DE SAMAÍN NA MATERIA DE INGLÉS

O alumnado de Ed. Primaria  traballou durante estes días na materia de inglés sobre o proxecto actual en relación aos animais do Samaín.

Pinchade no vídeo para velo!

ED. INFANTIL INVESTIGA OS ANIMAIS DO SAMAÍN


Afondando no proxecto deste curso, en Ed. infantil realizou as primeiras investigacións en relacion ao PDI!

Pinchade no vídeo para velo:


venres, 3 de novembro de 2023

GAÑADORA DO LOGO DO CLUB DE LECTURA

Despois dunha difícil decisión...

xa temos gañadora do logo do Club de Lectura para este curso 23-24!
O Equipo de Biblioteca fíxolle entrega do premio e un diploma!

xoves, 2 de novembro de 2023

UN SAMAÍN ENTRE ANIMAIS

 Este 31 de outubro celebramos no cole o Samaín!

A xornada comezou preparando unhas merendas terroríficas e saudables por ciclos, para despois facer unha pequena exposición, e, por suposto, merendalas todos xuntos no ximnasio!



Que delicia!

Logo vimos todos xuntos os traballos en relación a PDI deste curso: "Mergullámonos no mundo animal". 

En Ed. nfantil cantaron a canción "Corre, corre cabaciña", en 1º ciclo inventaron conxuros de samaín nos que os principais ingredientes da receita eran animais e 2º ciclo creou un conto con animais como protagonistas, que poderedes ver pinchando na imaxe!


 En 5º de EP  realizaron entrevistas a animais terroríficos inventados que poderedes escoitar pinchando na imaxe:


E en 6º de EP crearon historias terroríficas; pinchade na imaxe para velas!: 

Tamén fixemos un photocall de medo: 

Por suposto, como todos os anos, tamén contamos coa participación das familias, que se animaron a participar e decorar as cabazas en relación á temática do proxecto! Moitas grazas pola vosa colaboración!



Pasámolo terroríficamente ben!