Este 31 de outubro celebramos no cole o Samaín!
A xornada comezou preparando unhas merendas terroríficas e saudables por ciclos, para despois facer unha pequena exposición, e, por suposto, merendalas todos xuntos no ximnasio!
Que delicia!
Logo vimos todos xuntos os traballos en relación a PDI deste curso: "Mergullámonos no mundo animal".
En Ed. nfantil cantaron a canción "Corre, corre cabaciña", en 1º ciclo inventaron conxuros de samaín nos que os principais ingredientes da receita eran animais e 2º ciclo creou un conto con animais como protagonistas, que poderedes ver pinchando na imaxe!
En 5º de EP realizaron entrevistas a animais terroríficos inventados que poderedes escoitar pinchando na imaxe:
Tamén fixemos un photocall de medo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario