mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2021/2022

 Luns 31 de xaneiro de 2022

Este curso celebramos o Día da Paz coa visita de ANXO MOURE, quen acompañado do seu PAZtinete e da súa PAZdeireta fixo as ledicias de alumnado e profesorado coas súas fantásticas historias.

 Grazas ás achegas das familias, realizamos unha recollida de alimentos solidaria, colaborando así co seu proxecto de apoio a inmigrantes denominado "Cultura sen papeis".

E como non podía ser doutro xeito, puxemos o cole ben bonito!!!

 

 

Os nenos e nenas de 1.º de rimaria deséxanvos con este fermoso vídeo un...

FELIZ DÍA DA PAZ!!!

   
E na clase de Música, prepararon outro fantástico vídeo!
 

domingo, 28 de novembro de 2021

25N 2021/2022

Este xoves, día 25 de novembro, conmemoramos no centro o 



Día Internacional da eliminación da

violencia contra as mulleres

Na actualidade, a desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo e son moitas as mulleres que sofren violencia diariamente. Por iso é importante seguir loitando na procura da igualdade e na eliminación da violencia.

Estas son algunhas das actividades realizadas polas nenas e nenos dos diferentes cursos en relación ao 25N:




EN BREVE... O RESULTADO FINAL!!!








venres, 5 de novembro de 2021

Novidades do 1º trimestre

 Bo día.

Aquí tendes as novidades da biblioteca para o primeiro trimestre.

Esperamos que leades moito!



mércores, 3 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021/2022

 O SAMAÍN CHEGOU... E A TOD@S ATERROOOOOOU!!!!!

Ao longo da última semana de outubro celebramos o Samaín con diferentes actividades:

  • Decoramos as portas, as aulas e os corredores.
  • Fixemos a exposición de cabazas achegadas polas familias.
  • Lemos contos de medo, algúns deles creados polos nenos/as de 5.º de Primaria:
    • "A figueira de Pelostortos"
    • "No bosque"
    • "Corre corre, cabaciña"
    • "Unha pantasma con asma"
    • "¡Buu!"
    • "A bruxa regañadentes"
    • "A pousada encantada"
    • "O que axexa nas sombras"
    • "Na procura de pantasmas"
No seguinte vídeo, podedes ver un resumo do noso SAMAÍN.       

                                Esperamos que vos guste!


martes, 26 de outubro de 2021

Xa estamos de volta!

 Como vai este inicio de curso? Esperamos que con moito pulo e moi ben.
Fai pouco enterámonos dunha nova en toda a prensa que nos fixo moita ilusión: un grupo galego foi o mellor valorado pol@s "eurofáns" para ir ao certame de Eurovisión!!
Aquí podedes ler a nova... 



E ver o vídeo de Figa, a canción de Tanxugueiras.  






domingo, 27 de xuño de 2021

Revista escolar

 Aquí tendes a revista escolar do 3º trimestre 

Boas vacacións!