mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ 2021/2022

 Luns 31 de xaneiro de 2022

Este curso celebramos o Día da Paz coa visita de ANXO MOURE, quen acompañado do seu PAZtinete e da súa PAZdeireta fixo as ledicias de alumnado e profesorado coas súas fantásticas historias.

 Grazas ás achegas das familias, realizamos unha recollida de alimentos solidaria, colaborando así co seu proxecto de apoio a inmigrantes denominado "Cultura sen papeis".

E como non podía ser doutro xeito, puxemos o cole ben bonito!!!

 

 

Os nenos e nenas de 1.º de rimaria deséxanvos con este fermoso vídeo un...

FELIZ DÍA DA PAZ!!!

   
E na clase de Música, prepararon outro fantástico vídeo!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario