O xoves 16 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas con diferentes actividades!
O equipo de EDLG preparou varias actividades de investigación en relación á autora homenaxeada neste 2024, Luisa Villalta entre as que destacaron: pasatempos, sopa de letras, marcapáxinas, debuxar a portada dun dos libros da autora...
Ademais, a mestra de EF organizou unha serie de xogos tradicionais: sete e medio, solitario celta, xogo da república, xogo das landras, das esquinas...
Para rematar a xornada, un grupo de nenas de 4º de EP prepararon unha canción tradicional galega que interpretaron para todos e que podedes ver aquí. Fixerono xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario