Como sabedes o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano adícase a Xela Arias e aprendemos moitas cousas sobre ela.
“O idioma é o principal signo dunha cultura. Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma ”, dicíao Xela en 1988.
Xela era unha artista das palabras. A modo de homenaxe recopilamos as palabras que mais nos gustan do noso idioma neste dicionario.
Premendo en cada palabra pódese ver a súa definición.
Para velo en dispositivos Android é recomendable descargar o archivo no dispositivo.
Aquí o tendes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario