A coordinadora da biblioteca do noso centro asistiu recentemente ás Xornadas PLAMBE, celebradas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Este encontro reúne cada ano ao profesorado responsable das bibliotecas escolares de Galicia que participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
Durante a xornada compartíronse experiencias de distintos centros educativos, propostas de dinamización da lectura e iniciativas relacionadas coa comunicación, a alfabetización mediática e o uso da biblioteca como espazo de aprendizaxe.
Estes encontros son unha excelente oportunidade para aprender, intercambiar ideas e seguir mellorando o traballo que se realiza nas bibliotecas escolares.
Seguimos aprendendo para que a biblioteca do cole siga sendo un lugar especial para todo o alumnado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario