No noso cole estamos inmersos no PDI sobre o espazo, pero estes días a aventura levounos un pouco máis preto… ¡ata a Terra! 🌎
Os nenos e nenas de Educación Infantil convertéronse en auténticos astronautas da reciclaxe e percorreron as aulas de Primaria cunha misión moi importante: pedir axuda para poñer en marcha e coidar o composteiro do cole.
O composteiro é un lugar onde botamos restos orgánicos, como peles de froita ou restos de comida, para que se transformen en compost, un abono natural moi bo para as plantas. Así reducimos o lixo, reciclamos e axudamos a coidar o planeta. Un pequeno xesto que ten un impacto enorme no futuro da nosa Terra .
A resposta non puido ser mellor: todos os cursos de Primaria se animaron a participar, escoitando con atención, facendo preguntas e comprometéndose a colaborar.
Queremos dar as grazas aos nenos e nenas de Infantil por esta fantástica iniciativa, e tamén a todos os cursos de Primaria pola súa participación e ganas de axudar.
Seguimos coa nosa viaxe polo espazo… sen esquecer que o noso planeta é o máis importante de todos.
¡Boa misión, equipo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario