Este mércores 11 de febreiro tivemos no cole unha actividade moi especial dentro do PDI sobre o espazo.
O alumnado de 5º de Educación Primaria foi o encargado de impartir un obradoiro científico, organizado coa axuda da súa profe Sandra, que coordinou todo con moito agarimo.
O obradoiro celebrouse o mércores 11 de febreiro, coincidindo cunha data moi significativa: o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Unha ocasión perfecta para seguir espertando a curiosidade científica no noso alumnado.Durante a actividade, explicaron que son os hologramas, como funcionan e para que se utilizan, e puidemos ver o sistema solar a través deste efecto, facendo a aprendizaxe aínda máis visual, sorprendente e divertida
Unha experiencia na que o alumnado aprende, investiga e comparte coñecementos, converténdose en auténticos divulgadores científicos.
📅 Incluímos o horario de cada clase para que todos e todas poidan participar nesta interesante proposta.
Parabéns ao alumnado de 5º e á súa profe pola iniciativa e polo traballo realizado.
Seguimos explorando o espazo… desde o cole 🚀
Ningún comentario:
Publicar un comentario