Esta semana tivemos no cole un contacontos moi especial da man da mamá de Antón, que nos leu o conto Avós.
É unha historia chea de tenrura que fala do amor entre avós e netos/as, dos recordos compartidos e da importancia da familia.
Desde o cole queremos agradecer á familia de Antón a súa colaboración e por compartir con nós esta fermosa experiencia.
Grazas por achegar a lectura e o agarimo á escola!
Ningún comentario:
Publicar un comentario