Nestas últimas sesións do club de lectura, fomos á Radio Sabichón do cole para vivir unha experiencia moi especial. Despois de ler o libro Relatos de pantasmas, traballamos en grupo para crear os nosos propios relatos de medo. Cada grupo inventou unha historia chea de misterio, suspense e imaxinación.
Cando tivemos os relatos preparados, fomos á radio para gravalos. Alí aprendemos como funciona unha emisora, usamos os micrófonos e sentimos o que é falar na radio de verdade. Foi unha actividade moi divertida e diferente, na que puidemos compartir o noso traballo cos demais e escoitar as historias dos compañeiros.
Encantounos a experiencia e pasámolo xenial converténdonos por un día en auténticos locutores e contadores de historias de medo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario