Hoxe tivemos unha visita moi especial no noso cole !.
Veu ao centro o equipo da Fundación Meniños para traballar co alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria no seu novo proxecto educativo chamado AXIA.
Foi unha aventura moi divertida que nos axudou a:
Coidar as nosas emocións ❤️
Tratar ben ás demais persoas 🤝
Aprender a convivir mellor na escola e na casa 🌈
Durante a actividade, a biblioteca convertiuse nunha nave espacial relacionado coa nosa PDI do centro sobre o universo, o que fixo a experiencia aínda máis motivadora para o alumnado.
Participou en diferentes estacións onde falamos de:
Como nos sentimos
A empatía
O respecto
Os compromisos para levarnos mellor
Tamén coñeceron o Kit Galáctico, con materiais para seguir aprendendo, e descubriron que AXIA continuará durante o curso con retos, vídeos e propostas para compartir coas familias.
Foi unha experiencia moi especial, chea de aprendizaxes, ilusión e bo trato.
Grazas á Fundación Meniños por acompañarnos nesta misión tan importante.
A aventura AXIA xa comezou… e nós xa somos parte da tripulación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario