Na nosa biblioteca temos un equipo moi especial: as voluntarias de 5.º e 6.º curso que axudan a que todo funcione mellor.
Nesta foto vedes como dúas voluntarias axudan a renovar a biblioteca de aula de 2º de EP realizando os préstamos en MEIGA.
Como sabedes, levamos un tempo empregando a biblioteca tamén no tempo de lecer. Isto é posible grazas ao alumnado de 5.º e 6.º voluntarios/as que axudan nas diferentes tarefas que se levan a cabo.
¿Que fan as voluntarias?
Algunhas das súas tarefas son:
Organizar a biblioteca e colocar os libros nas súas estanterías.
Decorar o espazo, atendendo ás celebracións, á época do ano e aos proxectos do cole.
Axudar cos préstamos e devolucións dos libros.
Levar rexistros de incidencias (por exemplo, se algún libro está danado ou falta algo).
E, moi importante: axudar e ensinar aos compañeiros e compañeiras a escoller un libro bonito para ler.
¿Por que son tan importantes?
Porque fan que a biblioteca sexa un lugar máis agarimoso, acolledor e ordenado.
Porque ao participar aprendemos a ser responsables e a colaborar co noso espazo común.
Porque fano ver que ler e prestar servizo aos compañeiros pode ser algo divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario