Esta semana tivemos a primeira sesión do Club de Lectura do curso 25/26 e pasámolo xenial. Para celebrar o comezo, cada participante recibiu un pequeno agasallo: un lapis! ✏️✨
Nesta primeira xuntanza comezamos deseñando o logo do club e inventando o seu nome, para que sexa algo moi noso e especial. Tivemos moitas ideas divertidas e creativas! 💡📖
Xuntaremonos unha vez cada dúas semanas, para ler, facer actividades, sorpresas, preparar contacontos...quen sabe o que nos vai deparar a lectura!
Isto só é o comezo dunha gran aventura lectora! 🚀 Que faremos nas vindeiras sesións?
Ningún comentario:
Publicar un comentario