O pasado 15 de outubro, tivemos unha mañá moi especial na Axencia de Lectura de San Vicente. Alí agardábanos un grupo moi divertido: Mon e Pe, ou o que é o mesmo... os Ghazafelhos!
Chegaron con moita enerxía e convidáronnos a buscar contos na biblioteca onde o protagonista é o lobo. Pero non calquera lobo… ¡estes lobos teñen moitas caras e moitas historias! Houbo lobos simpáticos, lobos asustados, lobos que cambian, e tamén lobos que nos fixeron rir a gargalladas.
Durante 50 minutos de espectáculo, nenas e nenos do CEIP As Bizocas convertéronse en auténticos contacontos, axudando a Mon e Pe a dar vida ás historias. Xuntos traballamos a creatividade, a expresión corporal e oral, e sobre todo, o respecto polos demais.
👏 Grazas aos Ghazafelhos por facernos soñar e aprender cos contos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario