Boas amiguiñ@s! 🚀
Despois do éxito do Padlet do curso pasado -que poderedes bichear pinchando AQUÍ —, serviu como escaparate para amosar todo o traballo arredor do noso proxecto de centro, este ano repetimos experiencia... pero máis alá das estrelas!
Dámoslle a benvida a “Bizocas en Órbita”, o novo Padlet colaborativo onde as mestras poderán ir subindo as distintas actividades e propostas que se vaian desenvolvendo nas aulas en relación ao Proxecto Documental Integrado deste curso: o ESPAZO 🌌🪐🌍.
🛰 Que é "Bizocas en Órbita"?
Un mural dixital onde, aula a aula, iremos compartindo fotos, vídeos, murais, experimentos, contos, cancións, xogos, exposicións... todo aquilo que nos leve a coñecer mellor o universo que nos rodea. Igual que fixemos no curso 2024-25, queremos construír entre todos e todas un espazo visual onde se vexa o gran traballo que se fai día a día nas aulas.
🌠 Para que serve?
-
Documentar o proceso de traballo do PDI en cada etapa.
-
Facer visible a creatividade e implicación do alumnado.
-
Compartir ideas e inspirarse mutuamente.
-
Crear unha memoria colectiva do proxecto anual.
🌌 Como participar?
📎 O acceso ao Padlet xa está dispoñible para todos, para ver e incluir información. Só tedes que entrar na ligazón, premer no botón “+” para engadir unha nova publicación, e incorporar o voso contido.
💡 Non esquezades:
-
Poñer o curso/aula no título.
-
Engadir unha breve descrición da actividade.
-
Incorporar imaxes ou vídeos se os hai.
📸 Se o Padlet do ano pasado foi un éxito, este ten que chegar ata a Lúa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario