xoves, 11 de abril de 2024

SAÍDA CONXUNTA DO CLUB DE LECTURA DO BIZOCAS E DO VALLE-INCLÁN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O  martes 9 de abril o alumnado do club de lectura de 5º e 6º de EP realizaron unha excursión a Santiago de Compostela con motivo da lectura do libro "Formigas. Misión Camiño de Santiago" de Pere Tobaruela. 

Compartimos a viaxe co Club de Lectura do CEIP Valle-Inclán, que tamen fixo esta lectura  e resultou unha xornada de convivencia estupenda; na que fixemos un roteiro polo casco histórico de Santiago e visitamos o interior da Catedral. Alí puidemos achegarnos ata zonas que se mencionaban no libro para velas en directo.
Na Alameda repuxemos forzas coa comida e visitamos diferentes estatuas que por alí se atopaban: Valle-Inclán, Rosalía de Castro, as Marías... e rematamos a xornada nun parque infantil.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo do ben que o pasamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario