No presente curso o Equipo TIC organizou a II exposición de fotografía relacionada co PDI do centro. Para poder participar contaremos coa colaboración das familias, e deberedes enviar as fotografías ao correo do centro: ceip.asbizocas@edu.xunta.gal .
A temática destas ten que ter relación cos animais, o coidado dos mesmos, os ecosistemas nos que habitan e os océanos. O prazo de entrega remata o 14 de decembro.
Grazas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario