luns, 21 de novembro de 2022

20 ANOS DO PRESTIGE: VISITA DE FRANCISCO IGLESIAS

O 13 de novembro de 2002, as costas de Galicia viron como o petroleiro Prestige afundía cargado con 77.000 toneladas de petróleo que acabaron no mar, nas nosas rías. 

Hoxe na biblioteca tivemos a sorte de contar con Francisco Iglesias, patrón maior da Cofradía de Mariñeiros de San Martiño do Grove cando sucedeu esta catástrofe. 

Francisco amosounos un vídeo onde resumía todo o que sucedeu naqueles terribles días e as consecuencias que se ven aínda a día de hoxe. Posteriormente o alumnado preguntoulle todas as súas inquedanzas sobre o tema. 

Por suposto, este tema tamén está moi vinculado cun dos ODS que este ano estamos a traballar, concretamente, o 13 e o 14.

Moitas grazas Francisco pola túa visita!!



Así mesmo, as nenas e nenos do 3º curso mancharon as mans de chapapote para realizar un mural conmemorando o 20 aniversario desta tráxica catástrofe medioambiental. Nunca máis!





Ningún comentario:

Publicar un comentario