Durante toda esta semana, e especialmente hoxe 25 de novembro, alumnado, profesorado e familias conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; xa que ademais, este é un dos obxectivos do noso proxecto ODS.
Organizamos moitas actividades que poderedes ver a continuación. Tamén contamos coa colaboración das familias pedindo que o alumnado trouxese algunha peza de roupa de cor morada.
💜As nenas e nenos de 1.º e 2.º de Primaria decidiron ver o mundo con gafas violetas e fixeron un mural e un vídeo cunhas fermosas mensaxes. Premede en play. 💜
Contamos coa asociación "NÓS MESMAS" para desenvolver actividades, como "Flop, un extraterrestre na escola", coas que reflexionamos sobre os diversos tipos de familias, as diferenzas e semellanzas entre nenos e nenas, etc.
Pinchade na foto para ver máis!
Pola súa banda, o alumnado de 3º elaborou uns comecocos a favor de igualdade no que compartiron diferentes emocións e sentimentos coas compañeiras e compañeiros da aula. Os resultados foron os seguintes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario