luns, 30 de outubro de 2023

SOMOS NOTICIA NA VOZ DE GALICIA

Debido ao recente premio recibido polo Ministerio de Educación, o xornal "A Voz de Galicia" fíxose eco da nosa nova! Moitas grazas! 

Podedes ver a nova pinchando aquí:

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN O SEU CAMIÑO

Este luns,  o Sabichón quere facernos de novo un agasallo moi especial. As mochilas viaxeiras viaxarán por segundo curso a todas as familias!

Como xa sabedes, cada curso contará cunha mochila viaxeira, que inclúe libros, cómics, revistas... para que alumnado e familias disfruten xuntos do tempo de lectura.

O contido das mochilas é sorpresa... que intriga!💭

Ademais, cada mochila contará cun diario, onde os nenos e nenas reflexarán os libros que máis lles gustaron a través de debuxos, resumos, fotos lendo... e todo o que a vosa imaxinación queira! 

Esta mochila viaxará cada semana a unha familia diferente, polo que todo o alumnado e familias poderán disfrutar deste fantástico agasallo durante unha semana. É importante respectar os prazos e coidar o material para que todos e todas gozemos da mochila viaxeira.

Ademais, de forma voluntaria, as familias poderedes enviar fotos disfrutando da lectura ao email do cole (ceip.asbizocas@edu.xunta.gal), así poderemos ver o ben que o pasades xuntos!

Os voluntarios de biblioteca encargáronse de repartilas en todas as aulas, polo que comeza a súa viaxe!

xoves, 26 de outubro de 2023

XA TEMOS TÍTULO DO PDI 23/24 E CONCURSO DO LOGO!

Despois de realizar asambleas en todos os cursos e poñer en común ideas... xa temos título do PDI 23/24!

MERGULLÁMONOS NO MUNDO ANIMAL


Polo tanto, anunciamos xa o concurso do logo do PDI! 
Sorte aos participantes!


TEATRO POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O martes 24 de Outubro, todo o alumnado e profesorado do C.E.I.P. As Bizocas disfrutou do gran espectáculo do Día das Bibliotecas pola compañía de teatro Viravolta coa obra "A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón".

Pasámolo moi ben! Grazas pola visita!



Autores/as: Jairo, Antón, Carmen, Noa.

venres, 20 de outubro de 2023

VISITA CAMPING FIEITÁS

O venres 29 de setembro de 2023 fumos andando dende o colexio 5º e 6º ao Camping Fieitás, alí dividíronnos en 2 grupos: un grupo foi a plantar fresas e o outro a construir unha casa con paus.


Tamen fumos a casa caracola de visita e pasamolo xenial, sobre todo Pablo que lle encantaron os xirasois; máis tarde presentáronnos as mascotas do camping: un can e un ghato chamados Maléfica e Frus. 

Despois fumos a merendar, trouxemos a merenda que traemos sempre pero tamén comemos pipas de xirasol. Tamen axudamos a facer a casa pitufa que é como as casas das películas dos pitufos.

Moitas grazas pola invitación! Pasámolo moi ben!

Autores: Núria, Jairo, Pablo e Yanira.

xoves, 19 de outubro de 2023

2ª SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Os nenos e nenas do Club de Lectura reunímonos esta semana para comentar o libro das "Formigas. Misión camiño de Santiago."


Lemos ata a paxina 49 como acordamos e despois comentamos o libro: cal era o noso personaxe favorito, que pensabamos que ía pasar ao final...
Por último entregamos os debuxos para o concurso dos logos do club de lectura para o curso 2023-2024.

Maya e Mara.