luns, 30 de outubro de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN O SEU CAMIÑO

Este luns,  o Sabichón quere facernos de novo un agasallo moi especial. As mochilas viaxeiras viaxarán por segundo curso a todas as familias!

Como xa sabedes, cada curso contará cunha mochila viaxeira, que inclúe libros, cómics, revistas... para que alumnado e familias disfruten xuntos do tempo de lectura.

O contido das mochilas é sorpresa... que intriga!💭

Ademais, cada mochila contará cun diario, onde os nenos e nenas reflexarán os libros que máis lles gustaron a través de debuxos, resumos, fotos lendo... e todo o que a vosa imaxinación queira! 

Esta mochila viaxará cada semana a unha familia diferente, polo que todo o alumnado e familias poderán disfrutar deste fantástico agasallo durante unha semana. É importante respectar os prazos e coidar o material para que todos e todas gozemos da mochila viaxeira.

Ademais, de forma voluntaria, as familias poderedes enviar fotos disfrutando da lectura ao email do cole (ceip.asbizocas@edu.xunta.gal), así poderemos ver o ben que o pasades xuntos!

Os voluntarios de biblioteca encargáronse de repartilas en todas as aulas, polo que comeza a súa viaxe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario