xoves, 29 de xuño de 2023

REVISTA ESCOLAR SABICHÓN 22/23

 Moi boas familias,

presentámosvos a revista escolar do curso 22/23. Esperamos que vos guste!

Premede na imaxe para vela!

mércores, 28 de xuño de 2023

GENIALLY TAREFAS FINAIS PDI 22/23

O Equipo de Biblioteca recolle neste Genially as tarefas finais do PDI deste curso 22/23 que se presentará ao IX Concurso de Traballo por Proxectos. 

Premede na imaxe para velo!



luns, 26 de xuño de 2023

FIN DE CURSO 22/23

Este mércores 21 de xuño celebramos o fin de curso no CEIP As Bizocas. A xornada comezou co desfile de robots ODS, que o alumnado de 6º de Educación Primaria programou cos MBot; xunto cun photocall preparado conxuntamente no que sacamos fotos de grupo. 

Posteriormente, comezou a graduación de 6º de Educación Primaria e o festival de fin de curso nos que estivemos acompañados polas familias. O mestre Diego, adicou unhas palabras ao alumnado que cambia de etapa para a ESO e logo foi o alumnado de sexto quen falou para agradecer a todos os mestres e mestras que pasaron pola súa etapa educativa neste cole. 


Logo o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º realizaron unhas coreografías preparadas pola mestra de Educación Física e ao rematar, alumnado, mestres e familias compartiron unha merenda saudable. 


A xornada rematou con xogos na praia onde cada grupo tiña que ir completando o seu cadro ODS. En cada xogo, os voluntarios/as de 6º entregaban unha pegatina (o logo gañador do concurso do PDI) que sinalaba a finalización con éxito do xogo. 


Logo bañámonos na auga e despedímos aos nosos mestres/as e aos compañeiros/as nunha xornada moi emotiva.

 Pinchade nas fotos para ver máis!


Deseámosvos o mellor a todo o alumnado de 6º que remata no centro! No CEIP As Bizocas sempre vos recibiremos cos brazos abertos!

Moi bo verán! 

Vémonos en setembro!

venres, 23 de xuño de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS POÑEN FIN AO SEU CAMIÑO

Durante todo o curso, as mochilas viaxeiras foron visitando todas as familias de todo o alumnado durante unha semana.

Aquí se recollen todos as reseñas do alumnado, moi bo traballo! O Sabichón agarda que o pasárades xenial. 

Pinchade na imaxe para velas!






xoves, 22 de xuño de 2023

EXCURSIÓN A MARCELLE NO INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CO CEIP MANUEL MALLO MALLO

 E chegou o día tan esperado para o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria... A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MARCELLE.

Este ano foi unha saída especial porque a realizaron de forma conxunta co alumnado do C.E.I.P. Manuel Mallo Mallo (Lugo), co que ao longo de todo o curso realizaron un intercambio lingüístico.

Despois dunha longa viaxe, chegaron ao colexio de Lugo, onde os agardaban con estusiasmo para darlles a benvida. Tras unha merenda, un tempo de xogo e o intecambio de cartas puxeron rumbo todos xuntos ao parque natural Marcelle Natureza. Aí divididos en grupos comezaron vendo algúns animais antes da hora de xantar. Pola tarde visitaron a reserva onde viron diferentes especies de animais e realizaron tiro con arco.

Sen dúbida foi unha bonita experiencia na que fixeron moitas amizades.

Premede aquí para acceder ao álbum:

                        M A R C E L L E

CIRCUITOS SUSTENTABLES EN CIENCIAS NATURAIS EN 5º EP

O alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou na materia de Ciencias Naturais uns circuitos elaborados con materiais renovables.