luns, 26 de xuño de 2023

FIN DE CURSO 22/23

Este mércores 21 de xuño celebramos o fin de curso no CEIP As Bizocas. A xornada comezou co desfile de robots ODS, que o alumnado de 6º de Educación Primaria programou cos MBot; xunto cun photocall preparado conxuntamente no que sacamos fotos de grupo. 

Posteriormente, comezou a graduación de 6º de Educación Primaria e o festival de fin de curso nos que estivemos acompañados polas familias. O mestre Diego, adicou unhas palabras ao alumnado que cambia de etapa para a ESO e logo foi o alumnado de sexto quen falou para agradecer a todos os mestres e mestras que pasaron pola súa etapa educativa neste cole. 


Logo o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º realizaron unhas coreografías preparadas pola mestra de Educación Física e ao rematar, alumnado, mestres e familias compartiron unha merenda saudable. 


A xornada rematou con xogos na praia onde cada grupo tiña que ir completando o seu cadro ODS. En cada xogo, os voluntarios/as de 6º entregaban unha pegatina (o logo gañador do concurso do PDI) que sinalaba a finalización con éxito do xogo. 


Logo bañámonos na auga e despedímos aos nosos mestres/as e aos compañeiros/as nunha xornada moi emotiva.

 Pinchade nas fotos para ver máis!


Deseámosvos o mellor a todo o alumnado de 6º que remata no centro! No CEIP As Bizocas sempre vos recibiremos cos brazos abertos!

Moi bo verán! 

Vémonos en setembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario