venres, 24 de febreiro de 2023

FINALISTA E GAÑADOR DO CONCURSO DO LOGO DO PDI

Como sabedes, fai unhas semanas anunciamos o concurso do logo do PDI. Despois de duras decisións, aquí está a finalista do concurso e o gañador! 

Noraboa a finalista Zaira Bea Otero de 2º e o gañador Álex Vidal Caneda de 5º polo voso traballo! 


Aquí podedes ver as fotos da entrega dos diplomas e un pequeno agasallo de parte do Sabichón!


Moitas grazas a todos e todas pola participación! Poderedes ver todos os logos no corredor do cole!

xoves, 23 de febreiro de 2023

CHARLA DA MATRONA SOBRE A MENSTRUACIÓN

Este xoves 16 tivemos a sorte de recibir á matrona do Grove, que nos veu falar sobre a menstruación ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pareceunos moi interesante e aprendemos un montón! 

luns, 20 de febreiro de 2023

entrOiDo bizocaS 2023

Este venres 17 celebramos no cole o entroido, aínda que durante toda a semana xa nos estivemos preparando cos diferentes mandadiños do meco que profesorado, alumnado e familias seguimos! Aquí vos deixamos mostras do ben que o pasamos durante toda esta semana! 

Pinchade nas fotos para ver máis!

O luns trouxemos algo de papel reutilizado na cabeza (ODS 12): 

O martes, tela no pescozo (ODS 12): 

O mércores plástico nos pés (ODS 12): 

O xoves viñemos en pixama (ODS 3): 

E o venres co noso disfraz das ODS: 

Ademais, o venres foi unha xornada diferente, na que comezamos a mañá cun photocall elaborado polo alumnado de 6º no que sacamos fotos todos os cursos lucindo os nosos disfraces reciclados!

A continuación comezamos co desfile por ciclos ao que estaban invitadas as familias e no que o pasamos moi ben! Ademais, cada curso elaborou diferentes pezas dun puzzle que formarían as 17 ODS e que quedou así de chulo!  Noraboa!!

 

Ao rematar o desfile, bailamos a canción que estivemos preparando na aula de música e que podedes escoitar a continuación, clicade na imaxe para escoitala!

Despois profesorado, alumnado e familias comemos xuntos doces típicos do entroido que as familias trouxeron para compartir. Estaba todo riquísimo!

Para rematar o día, visitamos aos nosos veciños do IES As Bizocas: desfilamos no patio, actuamos cantando e bailando a nosa canción de entroido e presenciamos o seu concurso de comparsas. Fixérono xenial e pasámolo moi ben! Repetiremos seguro!

Foi un día moi especial onde tivemos presente en todo momento o noso proxecto, as ODS!

🎭Bo entroido!🎭

mércores, 15 de febreiro de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA SEGUNDA VOLTA

Como sabedes, a finais do mes de outubro as mochilas viaxeiras comezaron o seu camiño acompañando ao alumnado durante unha semana. Así pois, as mochilas xa percorreron todas as casas do noso alumnado, polo que comezan a súa segunda volta, con novos libros e novas sorpresas! Agardamos que vos gusten.

Ademais, moitos de vós enviáchedesnos fotos disfrutando da mochila coa vosa familia, e que ben o pasástedes! 

Pinchade na foto para ver máis!



martes, 14 de febreiro de 2023

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Este luns 13 de febreiro tivemos unha nova sesión cos membros do Club de Lectura. Nesta sesión explicamos a seguinte actividade, que consistirá nun contacontos aos nenos e nenas de Educación Infantil. Repartimos os libros aos diferentes grupos e vimos algún consello para facer un bo contacontos!

Agora a ensaiar! Seguro que o fan xenial!



luns, 13 de febreiro de 2023

SAÍDA AO OBSERVATORIO DE AVES DE 5º E 6º

Este venres 10, o alumnado de 5º e 6º realizou unha actividade de avistamento de aves grazas a colaboración do Concello do Grove e SEO. (Sociedade Española de Ornitoloxía). 

Primeiramente recibimos unha charla informativa na que aprendemos sobre a migración das aves, porque as aves fan parada no Grove, a importancia do coidado destas... etc, polo que traballamos o obxectivo 15 das ODS.

Posteriormente fomos ata a Toxa e entregáronnos un caderno, unha guía e uns prismáticos a cada un. Tamén contábamos con varios telescopios, polo que tiñamos que ir anotando os nomes científicos e comúns das aves que observábamos, como o cormorán, a garceta, a garza real... 

Aprendemos un montón e pasámolo xenial!

Pinchade na foto para ver máis!