Este venres 17 celebramos no cole o entroido, aínda que durante toda a semana xa nos estivemos preparando cos diferentes mandadiños do meco que profesorado, alumnado e familias seguimos! Aquí vos deixamos mostras do ben que o pasamos durante toda esta semana!
Pinchade nas fotos para ver máis!
O luns trouxemos algo de papel reutilizado na cabeza (ODS 12):
O martes, tela no pescozo (ODS 12):
O mércores plástico nos pés (ODS 12):
O xoves viñemos en pixama (ODS 3):
E o venres co noso disfraz das ODS:
Ademais, o venres foi unha xornada diferente, na que comezamos a mañá cun photocall elaborado polo alumnado de 6º no que sacamos fotos todos os cursos lucindo os nosos disfraces reciclados!
A continuación comezamos co desfile por ciclos ao que estaban invitadas as familias e no que o pasamos moi ben! Ademais, cada curso elaborou diferentes pezas dun puzzle que formarían as 17 ODS e que quedou así de chulo! Noraboa!!
Ao rematar o desfile, bailamos a canción que estivemos preparando na aula de música e que podedes escoitar a continuación, clicade na imaxe para escoitala!
Despois profesorado, alumnado e familias comemos xuntos doces típicos do entroido que as familias trouxeron para compartir. Estaba todo riquísimo!
Para rematar o día, visitamos aos nosos veciños do IES As Bizocas: desfilamos no patio, actuamos cantando e bailando a nosa canción de entroido e presenciamos o seu concurso de comparsas. Fixérono xenial e pasámolo moi ben! Repetiremos seguro!
Foi un día moi especial onde tivemos presente en todo momento o noso proxecto, as ODS!
🎭Bo entroido!🎭
Ningún comentario:
Publicar un comentario