Este curso contamos de novo con voluntariado para axudar na biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria.
O alumnado voluntario será o encargado de axudar nas tarefas de organización e dinamización das actividades da biblioteca durante os recreos.

Boas de novo amiguiñ@s!
O Sabichón davos a benvida ao novo curso 24/25!
Despois do intenso curso anterior, e tras unhas longas vacacións, estamos preparados/as para un novo reto este curso!
O PDI deste curso, despois de revisar as vosas enquisas realizadas en xuño e ver cales foron as temáticas máis repetidas será...
A ARTE!
Deixádeme os vosos intereses no buzón Sabichón e así poderei facerme con novos libros de investigación para os vosos proxectos!
Ánimo e sorte neste novo PDI do curso 24/25!
Aquí vos deixamos un Genially que resume todo o traballo realizado por todo o alumnado, profesorado e familias en relación ao PDI deste curso, "Mergullámonos no mundo animal". Esperamos que vos guste!
PINCHADE NA IMAXE PARA VELO!
BO VERÁN!