luns, 16 de setembro de 2024

BENVID@S AO CURSO 24/25! O SABICHÓN DESVELA O NOVO PDI!

Boas de novo amiguiñ@s!

O Sabichón davos a benvida ao novo curso 24/25! 

Despois do intenso curso anterior, e tras unhas longas vacacións, estamos preparados/as para un novo reto este curso!

O PDI deste curso, despois de revisar as vosas enquisas realizadas en xuño e ver cales foron as temáticas máis repetidas será...

                                    A ARTE!

                                                            


Agora, por ciclos, deberedes centrar a vosa investigación nalgún tipo de arte: pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine! 

Deixádeme os vosos intereses no buzón Sabichón e así poderei facerme con novos libros de investigación para os vosos proxectos!

Ánimo e sorte neste novo PDI do curso 24/25!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario