Este martes 11 de xuño, a TVG acudiu ao noso centro para gravar un programa que se emitirá proximamente no programa "Léocho" da Televisión de Galicia en relación ao Club de Lectura.
Eliximos a 5 representantes voluntarios do club de lectura que conversaron sobre o libro que lemos durante o primeiro trimestre e do que fixemos uns booktrailers increibles! Trátase de "Formigas. Misión Camiño de Santiago" de Pere Tobaruela. Ademais, tamén fixemos unha excursión conxunta co Club de Lectura do CEIP Valle- Inclán a Santiago de Compostela en relación a este libro.
Pronto poderemos vernos na TVG...teredes noticias!









