Con motivo da celebración das Letras Galegas, que como sabedes, este ano se lle adica a Luisa Villalta; asistimos a un contacontos na Axencia de Lectura da Biblioteca de San Vicente.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da xornada!
Con motivo da celebración das Letras Galegas, que como sabedes, este ano se lle adica a Luisa Villalta; asistimos a un contacontos na Axencia de Lectura da Biblioteca de San Vicente.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da xornada!
Tras a votación do alumnado sobre a súa valoración das diferentes bibliotecas de aula (podedes ver o desenvolvemento da xornada nunha entrada anterior) os resultados dos gañadores son os seguintes!
Os voluntarios de biblioteca do día foron os encargados de repartir os diplomas aos cursos gañadores. Os demais cursos tamén recibiron un diploma agradecendo a participación e implicación.
As aulas gañadoras recibiron un pequeno lote de libros e algún xogo para engadir á súa colección.
Quedaron unhas bibliotecas de aula increíbles! Grazas a tod@s!
PREMIOS BIBLIOTECAS DE AULA
1º PREMIO: 6º DE EP
2º PREMIO: 5º-6º ED. INFANTIL
3º PREMIO: 3º DE EP
MENCIÓN HONORÍFICA: 5º DE EP
AGRADECEMENTOS Á PARTICIPACIÓN:
-4º de EI
- 1º Ciclo de EP
-4º de EP
Noraboa a tod@s os participantes, mestres e alumnado! Foi un traballo excepcional!
Este xoves 9 de maio o alumnado de primaria recibiu a visita de Tania Solla e Quique, quenes protagonizaron un contacontos sobre a vida de Luisa Villalta, autora homenaxeada polas Letras Galegas o vindeiro 17 de maio.
Como sabedes, o noso centro encóntrase dentro do programa Donas de si, dentro dos Plan Proxecta, que ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.
Mentres Quique nos contaba a súa historia, Tania ía realizando un debuxo fermoso que posteriormente imitamos nas nosas libretas. Quedaron así de ben!
Nestas últimas semanas a biblioteca encheuse de familias do alumnado de educación infantil que participaron voluntariamente nun contacontos pola Semana do Libro. Cada día, unha familia voluntaria acudía a biblioteca do cole para contarlles ao alumnado de infantil un conto elixido pola propia familia.
Foron momentos compartidos moi especiais que nos gustaría repetir. Pasámolo xenial. Moitísimas gracias ás familias que participastedes! As familias contan moito!
Como sabedes, estas últimas sesións no club de lectura adicámolas a ensaiar, ensaiar e ensaiar!
Estanos a gustar moito o libro de "Somos os monstros" de Paula Carballeira. Botamos unha chea de risas!
Con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado mércores desprazámonos ata a biblioteca de San Vicente para a obra de teatro "Titiricircus de Tanxarina".
Pasámolo moi ben e gustounos un montón!