venres, 10 de maio de 2024

LUISA VILLALTA EN CONTACONTOS- DONAS DE SÍ

Este xoves 9 de maio o alumnado de primaria recibiu a visita de Tania Solla e Quique, quenes protagonizaron un contacontos sobre a vida de Luisa Villalta, autora homenaxeada polas Letras Galegas o vindeiro 17 de maio.


Como sabedes, o noso centro encóntrase dentro do programa Donas de si, dentro dos Plan Proxecta, que ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea.

Mentres Quique nos contaba a súa historia, Tania ía realizando un debuxo fermoso que posteriormente imitamos nas nosas libretas. Quedaron así de ben!


Moitas grazas a Quique e Tania, que nos deixaron un dos libros sobre Luisa Villalta asinado cunha bonita dedicatoria que podedes ver na seguinte imaxe. Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario