xoves, 28 de setembro de 2023

DONAS DE SI: ÁNGELES ALVARIÑO

O noso cole atópase dentro dos Plans Proxecta, no programa Donas de si, relacionado coa visibilización e empoderamento das mulleres. 

Neste ocasión  a actividade consistiu nunha biografía de Ángeles Alvariño, precursora da investigación dos océanos e a primeira muller científica nun buque oceanográfico.  Ao final da actividade, a ilustradora Tania Solla debuxou a caricatura da científica!

Como vedes, comezamos  forte co novo proxecto do cole!

Aquí poderedes ver un vídeo resumo da actividade: 



martes, 19 de setembro de 2023

VOLTAMOS!

O Sabichón está preparado para revelarvos a temática do proxecto deste curso 23/24. E vos... estades preparad@s?



xoves, 29 de xuño de 2023

REVISTA ESCOLAR SABICHÓN 22/23

 Moi boas familias,

presentámosvos a revista escolar do curso 22/23. Esperamos que vos guste!

Premede na imaxe para vela!

mércores, 28 de xuño de 2023

GENIALLY TAREFAS FINAIS PDI 22/23

O Equipo de Biblioteca recolle neste Genially as tarefas finais do PDI deste curso 22/23 que se presentará ao IX Concurso de Traballo por Proxectos. 

Premede na imaxe para velo!



luns, 26 de xuño de 2023

FIN DE CURSO 22/23

Este mércores 21 de xuño celebramos o fin de curso no CEIP As Bizocas. A xornada comezou co desfile de robots ODS, que o alumnado de 6º de Educación Primaria programou cos MBot; xunto cun photocall preparado conxuntamente no que sacamos fotos de grupo. 

Posteriormente, comezou a graduación de 6º de Educación Primaria e o festival de fin de curso nos que estivemos acompañados polas familias. O mestre Diego, adicou unhas palabras ao alumnado que cambia de etapa para a ESO e logo foi o alumnado de sexto quen falou para agradecer a todos os mestres e mestras que pasaron pola súa etapa educativa neste cole. 


Logo o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º realizaron unhas coreografías preparadas pola mestra de Educación Física e ao rematar, alumnado, mestres e familias compartiron unha merenda saudable. 


A xornada rematou con xogos na praia onde cada grupo tiña que ir completando o seu cadro ODS. En cada xogo, os voluntarios/as de 6º entregaban unha pegatina (o logo gañador do concurso do PDI) que sinalaba a finalización con éxito do xogo. 


Logo bañámonos na auga e despedímos aos nosos mestres/as e aos compañeiros/as nunha xornada moi emotiva.

 Pinchade nas fotos para ver máis!


Deseámosvos o mellor a todo o alumnado de 6º que remata no centro! No CEIP As Bizocas sempre vos recibiremos cos brazos abertos!

Moi bo verán! 

Vémonos en setembro!