martes, 20 de xuño de 2023

EXPOSICIÓN SOBRE O PDI E XOGOS PREPARADOS POLO ALUMNADO DE 6º

Este luns, o alumnado de 6º preparou unha exposición sobre a súa investigación no PDI deste curso e uns xogos para que os nenos e nenas de 5º, 1º e 2º levaran a cabo. 


Así, ademais de facer un bingo das ODS ao longo de toda a semana, tamén fixeron este luns un xogo de preguntas de verdadeiro ou falso sobre as ODS, un memory ODS e unha búsqueda de respostas por todos os murais ODS que atoparon polos corredores do centro.

Este é un dos seus produtos finais...moi bo traballo!

SAÍDA A ILLA DE CORTEGADA

O martes 13 o alumnado de 1º, 2º, e 3º de Educación Primaria puxo rumbo á Illa de Cortegada como excursión de fin de curso.

Coa nosa chegada ao porto de Carril, montamos nunha zodiac que nos transportou ata a illa, onde nos esperaban dous monitores que nos explicaron moitas cousas sobre a illa, a súa fauna, a súa flora, lendas sobre a illa e moitas cousas máis. 

Logo dun entretido roteiro, xantamos e ao rematar xogamos ao pano e a un xogo por relevos no que tiñamos que recoñecer distintos tipos de cunchas mariñas de diferentes especies que os monitores nos foron explicando durante o roteiro.

A pesar da chuvia á volta, pasámolo moi ben e aprendemos moito! 



luns, 19 de xuño de 2023

TERCEIRA E ÚLTIMA SESIÓN DAS CHARLAS AFECTIVO SEXUAIS

Durante estos días, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a terceira e última sesión das charlas afectivo sexuais.

Nestas charlas seguiron afondando nos tipos de familias, sexualidade, emocións, uso responsable dos dispositivos electrónicos... temáticas moi importantes e que seguen relacionadas co noso proxecto das ODS.

Moitas gracias a Noelia polo seu labor!





xoves, 15 de xuño de 2023

TRABALLO FINAL DO PROXECTO COMPETENCIAL DE 3º CURSO DE EP

                    

Na materia de Proxecto Competencial, en 3º de Educación Primaria, ao longo de todo o curso estivemos levando a cabo un proxecto relacionado coas aves e, neste caso, coas aves ameazadas da comarca do Salnés.

Comezamos o proxecto a raíz dun texto que lemos de que as aves chocaban contra as fiestras e morrían, polo que foi un tema que nos suscitou interese e elixímolo para traballalo. A partir disto fixemos unha busca de información das aves ameazadas da comarca, das cales fixemos unha ficha informativa con diferentes datos de interese e elaboramos un debuxo das mesmas.

Logo, con materiais reciclados elaboramos e creamos uns niños e comedeiros que fomos colgando polo patio, os cales tiveron moito éxito e cada semana tiñamos que reenchelos de froitos secos.

Así mesmo, as saídas que fixemos a praia aproveitámolas para facer limpeza e recollida de residuos e tamén realizamos uns carteis informativos sobre como coidar as praias e as zonas que habitan estas aves para poder protexelas e evitar prexudicar as zonas naturais nas que habitan e nidifican.






mércores, 14 de xuño de 2023

ROBÓTICA ODS

Nestes últimos días o alumnado de todo o centro está a aprender a empregar os MBot, Beebot, Scratch... poñéndonos as pilas coa robótica!

 



Así, na vindeira semana faremos actividades relacionadas coas ODS por ciclos nas que empregaremos estes software e hardware que o profesorado aprendeu a manexar durante o PFPP de Robótica. 

Aquí vai un dos enlaces das actividades que imos a realizar:

https://scratch.mit.edu/projects/856080649 

https://view.genial.ly/645b6b86977fb00018d2c09c/interactive-content-quiz-ods


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN POLO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA

Aquí vos deixamos o podcast que gravamos durante estas últimas semanas coas recomendacións lectoras do alumnado do Club de Lectura. 

Pinchade na imaxe para escoitalas!