Na materia de Proxecto Competencial, en 3º de Educación Primaria, ao longo de todo o curso estivemos levando a cabo un proxecto relacionado coas aves e, neste caso, coas aves ameazadas da comarca do Salnés.
Comezamos o proxecto a raíz dun texto que lemos de que as aves chocaban contra as fiestras e morrían, polo que foi un tema que nos suscitou interese e elixímolo para traballalo. A partir disto fixemos unha busca de información das aves ameazadas da comarca, das cales fixemos unha ficha informativa con diferentes datos de interese e elaboramos un debuxo das mesmas.
Logo, con materiais reciclados elaboramos e creamos uns niños e comedeiros que fomos colgando polo patio, os cales tiveron moito éxito e cada semana tiñamos que reenchelos de froitos secos.
Así mesmo, as saídas que fixemos a praia aproveitámolas para facer limpeza e recollida de residuos e tamén realizamos uns carteis informativos sobre como coidar as praias e as zonas que habitan estas aves para poder protexelas e evitar prexudicar as zonas naturais nas que habitan e nidifican.
Ningún comentario:
Publicar un comentario