luns, 12 de xuño de 2023

ÚLTIMA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Este luns 12 de xuño o alumnado participante no club de lectura reuniuse por última vez neste curso. Durante a reunión, comentaron en pequenos grupos as recomendacións lectoras que estamos a gravar no podcast individualmente e que poderedes escoitar proximamente.

. 

 


Así, comentaron as opinións de cada un co seu libro, e posteriormente despedímonos do club de lectura ata o vindeiro ano. 


Ata o curso que ven!

xoves, 8 de xuño de 2023

MININAS REIVINDICATIVAS ODS EN EDUCACIÓN ARTÍSTICA

 O alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou estas mininas reivindicativas na materia de Educación Artística, nas que cada un debuxou e representou unha ODS.

Moi bo traballo!


mércores, 7 de xuño de 2023

GEOCACHING POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Este luns 5 de maio todo o alumnado do CEIP As Bizocas, xunto con familias voluntarias e o profesorado celebrou o Día do Medio Ambiente cunha actividade moi especial organizada pola mestra de Educación Física, seguindo co proxecto actual das ODS.

A xornada consistiu en realizar cada curso un roteiro pola contorna, xunto coas familias para atopar un "caché" escondido por eles mesmos (pero outros cursos) en días anteriores. Para atopalo, deberon seguir as indicacións dos mestres, que sinalaban a orientación na que o caché, tamén creado por eles, estaba escondido. 

A media mañá chegaron todos os cursos xunto con mestres e familias á Casa da Cultura unha vez atopado o caché para merendar e repoñer forzas.

Por último, para a volta ao centro todos os participantes puxeron luvas e colleron unhas bolsas para recoller o lixo que atopaban polo camiño. 

Ao chegar ao centro marcamos no mural se atoparamos o caché escondido e fixemos fotos de grupo.

Foi unha xornada moi divertida na que celebramos o Día do Medio Ambiente coñecendo, explorando e coidando a nosa contorna! 

Ademais, saímos no xornal!! Podedes ver a nova completa pinchando no seguinte enlace:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2023/06/06/bizocas-celebra-dia-medio-ambiente-cuidando-planeta/0003_202306A6C4991.htm

Moitas grazas ás familias que colaboraron!

Pinchade nas fotos para ver máis!

luns, 29 de maio de 2023

OBRADOIRO DE ECOPERCUSSION

Este venres 26 de maio o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º ciclo recibiu un obradoiro de Ecopercussion, un taller cun mestre especializado en percusión con elementos de refugallo. 

Así, con esta actividade seguimos traballando no noso proxecto, as ODS, vendo como podemos empregar calquera obxecto para facer música: unha tubería, unha botella vella, unha chancla, un bote de pintura... estes foron os exemplos que vimos, aínda que hai moitos máis!


Ademais, o alumnado de 2º ciclo recibiu este taller xunto coas familias que se animaron a participar, pois estaban todas convidadas. Moitas grazas a todas as familias que acudiron a aprender e pasalo ben cos seus nenos e nenas!


Moitas grazas tamén a Didier, o noso mestre este día!

xoves, 25 de maio de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS XUNTO CO CEIP CONMENIÑO

Nestas letras galegas 2023, nas que homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego, levamos a cabo unhas actividades moi divertidas e emocionantes, xa que colaboramos co colexio CEIP Conmeniño para facelo. 

Así, cada ciclo elaborou un mural con actividades sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado este ano. Estes murais con tarefas, imaxes, vídeos, xogos, retos... viaxaron ata o CEIP Conmeniño, onde alí realizaron as actividades que lle propuxemos. Do mesmo xeito, eles realizaron tamén uns murais por ciclos para que nos puidesemos disfrutar e aprender. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos creando os nosos murais e aprendendo coas actividades que nos plantexaron os nenos e nenas do CEIP Conmeniño. Foi toda unha experiencia!


Pinchade nas imaxes para ver máis!

martes, 23 de maio de 2023

COMEZAMOS COAS GRAVACIÓNS DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN NO CLUB DE LECTURA


Nesta semana comezamos a gravar as recomendacións lectoras dos libros que estamos a ler no club de lectura. Xa pronto poderedes escoitar o resultado final!