Este luns 5 de maio todo o alumnado do CEIP As Bizocas, xunto con familias voluntarias e o profesorado celebrou o Día do Medio Ambiente cunha actividade moi especial organizada pola mestra de Educación Física, seguindo co proxecto actual das ODS.
A xornada consistiu en realizar cada curso un roteiro pola contorna, xunto coas familias para atopar un "caché" escondido por eles mesmos (pero outros cursos) en días anteriores. Para atopalo, deberon seguir as indicacións dos mestres, que sinalaban a orientación na que o caché, tamén creado por eles, estaba escondido.
A media mañá chegaron todos os cursos xunto con mestres e familias á Casa da Cultura unha vez atopado o caché para merendar e repoñer forzas.Por último, para a volta ao centro todos os participantes puxeron luvas e colleron unhas bolsas para recoller o lixo que atopaban polo camiño.
Ao chegar ao centro marcamos no mural se atoparamos o caché escondido e fixemos fotos de grupo.
Foi unha xornada moi divertida na que celebramos o Día do Medio Ambiente coñecendo, explorando e coidando a nosa contorna!
Ademais, saímos no xornal!! Podedes ver a nova completa pinchando no seguinte enlace:
Moitas grazas ás familias que colaboraron!
Ningún comentario:
Publicar un comentario