venres, 21 de abril de 2023

LER DACHE ÁS

Continuando coas actividades na Semana do Libro, creamos este mural "Ler dache ás". O alumnado de primaria e infantil decorou duas plumas con dous títulos dos seus contos favoritos e creamos unhas ás con todas e cada unha das plumas. 

Quedou así de chulo!

mércores, 19 de abril de 2023

FEO! UNHA OBRA DE TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Este martes 18, o alumnado de educación infantil viviu unha xornada moi especial, xa que saíron de excursión a Pontevedra, ao teatro Afundación para ver unha obra de teatro. Esta excursión foi doblemente especial xa que para algúns nenos e nenas era a súa primeira excursión!

A obra que vimos en Pontevedra titulase FEO! un espectáculo de pequeno formato inspirado en "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. A obra tratou sobre unha pequena fábrica de parrulos de goma de “Il Papero Guiallo” que produce tódolos días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...


“Feo!” é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, traballando así diversas ODS, relacionadas coa nosa PDI. 

Nestos días estamos traballando a obra de teatro a través de debuxos, expresión oral, dramatizacións... para afondar un pouquiño máis nela e aquí tedes unha pequena mostra:

Gustounos un montón e pasámolo super ben! 

Pinchade nas imaxes para ver máis!

luns, 17 de abril de 2023

XOGADE NO IFEVI

 O luns 17 de abril desprazámonos ao IFEVI co alumnado de 3º ciclo. Alí realizouse unha xornada de atletismo en pista para 5º curso e de volei para 6º.

A xornada foi moi dinámica e enriquecedora. 

Podedes ver fotos do evento pinchando aquí.




COMEZA A SEMANA DO LIBRO!

Esta semana celebramos no cole a Semana do Libro, polo que, ademáis doutras actividades que levaremos a cabo, unha delas será o regalo dun marcapáxinas e unha pequeniña sorpresa por cada empréstito de libro! 

Animádevos! O Sabichón espéravos na biblioteca!



 

xoves, 13 de abril de 2023

XOGOS TRADICIONAIS RECICLADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA

O alumnado de 3º de EP creou un xogo tradicional empregando material reciclado coa mestra de Educación Física. Así, traballaron conxuntamente os contidos pertencentes á propia área e o PDI do centro, concretamente, os obxectivos 4, 11, 12 e 13. 

Quedou chulísimo! Noraboa!



martes, 11 de abril de 2023

ASÍ REMATAMOS O 2º TRIMESTRE!

O venres 31 o cole convertiuse nunha busca de ovos!! Cada ciclo tivo que atopar os 17 ovos ODS escondidos por todo o cole seguindo as diferentes pistas que o Sabichón foi deixando por distintos recunchos. Así, pouco a pouco fumos atopándoos todos os ovos e completando o mural das 17 ODS!!

Todo un reto no que o pasamos xenial e recordamos as 17 ODS coas que estamos a traballar no noso PDI. 

Pinchade nas fotos para ver máis!