Este martes 18, o alumnado de educación infantil viviu unha xornada moi especial, xa que saíron de excursión a Pontevedra, ao teatro Afundación para ver unha obra de teatro. Esta excursión foi doblemente especial xa que para algúns nenos e nenas era a súa primeira excursión!
A obra que vimos en Pontevedra titulase FEO! un espectáculo de pequeno formato inspirado en "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. A obra tratou sobre unha pequena fábrica de parrulos de goma de “Il Papero Guiallo” que produce tódolos días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...
“Feo!” é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, traballando así diversas ODS, relacionadas coa nosa PDI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario