Boas amiguiños e amiguiñas!
Aquí vos presento os mandadiños deste entroido! Lembrade que o venres 17 faremos o desfile a partir das 10.30h e a merenda conxunta! As familias tamén estades convidadas a vir!
Boas amiguiños e amiguiñas!
Aquí vos presento os mandadiños deste entroido! Lembrade que o venres 17 faremos o desfile a partir das 10.30h e a merenda conxunta! As familias tamén estades convidadas a vir!
Como vos prometemos en entradas anteriores, aquí tedes o podcast do libro que lemos no Club de Lectura. Xa veredes que hai variedade de opinións!
Como veredes, o libro está incluido dentro do noso proxecto, xa que nos fala da importancia do coidado do medio ambiente e de desastres naturais como foi o Prestige.
Esperamos que vos guste! Pichade na foto para escoitalo enteiro!
Luns 30 de xaneiro de 2023
Hoxe recibimos unha visita moi especial no colexio. A escritora e educadora emocional Baia Fernández De La Torre achegou aos nenos e nenas de 1.º e 2.º de Primaria a historia de "Laia". Trátase dun conto que ten como protagonista a Laia, unha nena pensativa, soñadora, amante da natureza e da "música paxaril".
A través da historia desta nena tan especial, adentrámonos no mundo das emocións e dos superpoderes das persoas, que nos converten en seres diferentes e únicos.
Grazas Baia por facernos descubrir o noso superpoder.
Pasámolo en grande!
Nos vos perdades o vídeo da actividade!
Venres 27 de xaneiro de 2023
Aproveitando a chegada do bo tempo, os alumnos/as de 1.º e 2.º de Primaria realizaron unha saída pola contorna para elaborar un caderno de campo. Previamente explicouse na clase que é un caderno de campo e como se elabora, que normas debían cumprirse para non danar a natureza, etc.
Organizados en grupo de 3 - 4 compoñentes, recolleron mostras de diferentes seres vivos (plumas, cunchas, follas...) e fotografiaron aspectos que chamaron a atención (lixo na natureza, regatos, carteis informativos...).
A vindeira semana poñerán en común os resultados dos cadernos de campo elaborados por cada equipo.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo da actividade.
Este luns día 30 celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e da Paz xunto co Día da Educación (24 de xaneiro) cunha actividade moi especial: adicamos o día a Malala.
Malala escribiu un conto no que desexaba ter un lapis máxico para poder cambiar o mundo e eliminar todas as inxustizas que vivía. Os nenos e nenas de 5º e 6º realizaron un contacontos deste libro, e fixérono de marabilla. Ao rematar o contacontos, entregaron a cada neno e nena un "lapis máxico" e un marcapáxinas.
Co lapis máxico creamos o noso muro da paz, escribindo cada un o seu desexo para a paz. Neste mural colaboramos todos e todas: as familias aportaron os bricks de leite que se converteron en pezas do muro da paz, os mestres e mestras colaboraron na organización e o título foi creado polos nenos e nenas de Ed. Infantil, o debuxo foi realizado polo 1º ciclo e a biografía de Malala que aquí vos deixamos foi elaborada polos nenos e nenas de 3º e 4º.
Para velo teredes que escanear este código QR!
