mércores, 1 de febreiro de 2023

O LAPIS MÁXICO DE MALALA

Este luns día 30 celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e da Paz xunto co Día da Educación (24 de xaneiro) cunha actividade moi especial: adicamos o día a Malala. 

 

Malala escribiu un conto no que desexaba ter un lapis máxico para poder cambiar o mundo e eliminar todas as inxustizas que vivía. Os nenos e nenas de 5º e 6º realizaron un contacontos deste libro, e fixérono de marabilla.  Ao rematar o contacontos, entregaron a cada neno e nena un "lapis máxico" e un marcapáxinas.

                           
                                      Pinchade nas fotos para ver máis!

Co lapis máxico creamos o noso muro da paz, escribindo cada un o seu desexo para a paz. Neste mural colaboramos todos e todas: as familias aportaron os bricks de leite que se converteron en pezas do muro da paz, os mestres e mestras colaboraron na organización e o título foi creado polos nenos e nenas de Ed. Infantil, o debuxo foi realizado polo 1º ciclo e a biografía de Malala que aquí vos deixamos foi elaborada polos nenos e nenas de 3º e 4º. 

Para velo teredes que escanear este código QR!

                                                           
Se queredes ver o proceso de elaboración do cartel feito por 1.º e 2.º de Primaria, aquí vos deixamos un vídeo recompilatorio.

 
Por suposto, esta actividade tamén se encadra dentro do noso proxecto sobre as ODS:

Foi un día moi especial! Pinchade neste vídeo para ver un resumo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario