Como cada trimestre, o equipo de biblioteca prepara unha selección de recomendacións lectoras para seguir desfrutando dos libros dentro e fóra da aula. Aquí vos deixamos as do segundo trimestre, con propostas para todas as idades… e tamén para as familias!
Achéganse as vacacións do segundo trimestre e é un momento perfecto para escoller unha boa lectura. Un libro sempre é unha gran opción: entretén, fai voar a imaxinación e acompáñanos en calquera lugar.
Podedes atopar todos estes títulos en calquera libraría, pero animámosvos especialmente a apostar polo comercio local e optar pola libraría de proximidade do Grove.
Agardamos que atopedes unha historia que vos enganche.
Boas lecturas e felices vacacións!





Ningún comentario:
Publicar un comentario