Gústache ler? Entón esta proposta é para ti!
No noso cole xa puxemos en marcha o Pasaporte Lector do terceiro trimestre, unha iniciativa pensada para animarvos a descubrir novas historias e gozar da lectura.
👉 Cada vez que remates un libro, cobre un pasaporte lector e entrégao no Buzón Sabichón da biblioteca.
Podes presentar pasaportes tanto de libros emprestados na biblioteca do cole como de libros que leas pola túa conta. Todas as lecturas contan!
Ademais, o alumnado que entregue máis e mellores pasaportes lectores será recoñecido… así que xa sabes:
📖 canto máis leas, máis oportunidades terás!
⏰ Data límite de entrega: 29 de maio
Non o deixes para o último día!
Ler abre portas a mundos novos…
✨ Anímate a participar, goza da lectura e deixa o teu pasaporte no buzón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario