No noso cole as historias tamén se preparan con moito coidado… e con moito corazón.
O alumnado do Club de Lectura está a traballar con gran esmero na preparación de contacontos dirixidos aos máis pequenos e pequenas do centro: Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Están a escoller os contos, ensaiar as lecturas, pensar como contar mellor as historias e poñerlles emoción para que cada sesión sexa un momento especial.
Todo este traballo verá a luz moi pronto, xa que os contacontos serán lidos dentro dos Plans Lectores, convertendo as aulas en auténticos recunchos máxicos cheos de palabras, imaxinación e soños.
Adxuntamos o calendario coas datas nas que se levarán a cabo os contacontos, para que todos e todas poidamos estar atentos a esta actividade tan especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario