Esta semana tivemos unha visita moi especial no cole. A familia de Sabela quixo compartir con nós un momento moi bonito e veu Maribel a facernos un fantástico contacontos.
Maribel contounos dúas historias moi divertidas: “A vaca que puxo un ovo” e “Primeira semana na escola de vacas”. Escoitamos con moita atención e participamos durante os contos. Fíxoo xenial e encantounos a súa maneira de contar as historias!Moitas grazas á familia de Sabela e, especialmente, a Maribel por compartir este momento tan especial con nós. Encántanos contar coa participación das familias no cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario