O pasado venres 16 de maio o alumnado do CEIP Plurilingüe de Conmeniño e do CEIP As Bizocas unimos forzas para vivir unha xornada inesquecible con motivo do Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras e á poesía popular oral galega.
Logo tocou repoñer forzas cunha merenda compartida onde aproveitamos para facer novas amizades, rir un montón e compartir momentos únicos entre compañeiros e compañeiras dos dous coles.
E chegou o momento que levabamos semanas esperando: cantamos, tocamos e bailamos tod@s xunt@s a canción que preparáramos nas clases de música: "Somos os Mecos do Grove". O patio enchouse de enerxía, ritmo e orgullo do noso. Esta actividade foi organizada polo equipo de EDLG de ambos coles.
Pero aínda había máis! Despois da actuación, xogamos por equipos a un xogo literario moi especial preparado polo alumnado do club de lectura: tiñamos que buscar polo patio unhas palabras escondidas que nos axudaban a recompoñer un poema de Rosalía de Castro. Corre aquí, atopa alá...
Convivencia, música, tradición, letras e moita diversión: así foi o noso Día das Letras Galegas 2025! Un día para lembrar 💙💛
Ningún comentario:
Publicar un comentario