luns, 29 de maio de 2023

OBRADOIRO DE ECOPERCUSSION

Este venres 26 de maio o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º ciclo recibiu un obradoiro de Ecopercussion, un taller cun mestre especializado en percusión con elementos de refugallo. 

Así, con esta actividade seguimos traballando no noso proxecto, as ODS, vendo como podemos empregar calquera obxecto para facer música: unha tubería, unha botella vella, unha chancla, un bote de pintura... estes foron os exemplos que vimos, aínda que hai moitos máis!


Ademais, o alumnado de 2º ciclo recibiu este taller xunto coas familias que se animaron a participar, pois estaban todas convidadas. Moitas grazas a todas as familias que acudiron a aprender e pasalo ben cos seus nenos e nenas!


Moitas grazas tamén a Didier, o noso mestre este día!

xoves, 25 de maio de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS XUNTO CO CEIP CONMENIÑO

Nestas letras galegas 2023, nas que homenaxeamos a Francisco Fernández del Riego, levamos a cabo unhas actividades moi divertidas e emocionantes, xa que colaboramos co colexio CEIP Conmeniño para facelo. 

Así, cada ciclo elaborou un mural con actividades sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado este ano. Estes murais con tarefas, imaxes, vídeos, xogos, retos... viaxaron ata o CEIP Conmeniño, onde alí realizaron as actividades que lle propuxemos. Do mesmo xeito, eles realizaron tamén uns murais por ciclos para que nos puidesemos disfrutar e aprender. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos creando os nosos murais e aprendendo coas actividades que nos plantexaron os nenos e nenas do CEIP Conmeniño. Foi toda unha experiencia!


Pinchade nas imaxes para ver máis!

martes, 23 de maio de 2023

COMEZAMOS COAS GRAVACIÓNS DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN NO CLUB DE LECTURA


Nesta semana comezamos a gravar as recomendacións lectoras dos libros que estamos a ler no club de lectura. Xa pronto poderedes escoitar o resultado final!

VISITA DO CEIP MANUEL MALLO MALLO (LUGO)

Ao longo deste curso 22/23 o alumnado de 4º, 5º e 6º está inmerso nun intercambio lingüístico cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo organizado polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega cos que se cartearon en diversas ocasións intercambiando experiencias, anécdotas, historias...

Despois de varias correspondencias tiveron a sorte de poder coñecerse en persoa, xa que o centro educativo de Lugo tivo unha saída á localidade meca, podendo ensinarlle lugares como a Siradella, a praia da Area da Cruz, o noso cole... entre outros. 

Porén, este intercambio non rematou nesta xornada, xa que o videiro 20 de xuño será o alumnado do CEIP As Bizocas quen visite ao alumnado de Lugo.

Foi unha xornada divertida na que se coñeceron e pasárono moi ben! Pinchade na imaxe para ver máis!


luns, 22 de maio de 2023

DÍA DA FAMILIA 1.º CICLO E EDUCACIÓN INFANTIL

 Luns 15 de maio de 2023

No 1.º ciclo de Primaria puxémonos mans á obra para preparar un agasallo para celebrar o Día Familia. Aproveitando material reciclado, elaboramos un xoieiro ben bonito con dúas xoias para regalar a cada familia.

Realizamos os seguintes pasos:

1. Pintamos círculos de cartón con témpera de diferentes cores.

2. Pintamos o lateral dunha caixa de queixiños e pegamos:

- Na parte superior: a ruleta ODS coa foto de cada neno/a.

- Na parte inferior: o planeta Terra.

- No interior: unha mensaxe preciosa sobre este día.

3. Cando secaron os círculos, os/as profes pegáronos con silicona e puxeron os cordóns, para formar colares e pulseiras.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade.


En Educación Infantil tamén celebramos o Día da Familia! Aquí podedes ver algunha foto debuxando as nosas familias!



FELIZ DÍA A TODAS AS FAMILIAS!!!

venres, 19 de maio de 2023

EXPRESAMOS ODS

As nenas e nenos do 3º curso de EP, todos os venres estamos realizando diferentes dinámicas e actividades de cohesión grupal coa axuda do mestre Xaime. Unha delas foi a representación dalgún dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable a través da expresión corporal, onde cada grupo tivo que realizar as letras dun ODS asignado, dando lugar aos seguintes resultados.

Foi unha actividade moi chula na que nos divertimos moito e, sobre todo, aprendemos a traballar en grupo.









xoves, 18 de maio de 2023

O MAGO PACO

Este martes 16 o alumnado do centro achegouse andando á Casa da Cultura en San Vicente, onde os esperaba o espectáculo do Mago Paco e para celebrar a Semana das Letras Galegas.

Este mago sorprendeunos combinando trucos de maxia e historias sobre igualdade de xénero, un dos obxectivos que traballamos no noso proxecto (ODS 5). Aprendemos un montón e pasámolo xenial, xa que ademais, algúns dos nenos e nenas convertironse en protagonistas do espectáculo!

Grazas mago Paco! 

Aquí vos deixamos un resumo da xornada!



"CHOCOLATE" NA CULTURAL DE SAN VICENTE

Este xoves 18 de maio o alumnado do centro saíu de novo ata a Cultural de San Vicente para ver unha obra de teatro chamada "Chocolate", para celebrar así a Semana das Letras Galegas.

Nela, dous cociñeiros buscaban a receita perfecta do chocolate, polo que se embarcaron nunha viaxe con moitos obstáculos ata que por fin conseguiron facer o mellor chocolate.

Proba diso está no seguinte vídeo, xa que tivemos a sorte de poder degustar a receita de chocolate máis deliciosa! Mirade que ben o pasamos e que rico comemos!

martes, 16 de maio de 2023

CHARLA SOBRE AS ESPECIES VEXETAIS INVASORAS EN 5º E 6º DE EP

Este luns 15 de maio o alumnado de 5º e 6º recibiu unha charla sobre as especies vexetais invasoras en Galicia.

Nela aprenderon os problemas e consecuencias que podían causar,  a identificar algunhas delas e como tratar de solucionalo.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo sobre a charla, que encadramos nas ODS 13 e 15.

Moitas grazas, aprendemos un montón!




xoves, 11 de maio de 2023

CONEXIÓN CO BUQUE HESPÉRIDES NA ANTÁRTIDA

Seguindo coa nosa investigación nas ODS, hoxe tivemos a sorte e oportunidade de contactar vía videochamada cun integrante do buque Hespérides, un barco deseñado para levar a cabo investigacións científicas e que actualmente se atopa na Antártida. 

Durante a videochamada contáronnos que facían no buque, durante canto tempo, as actividades que realizaban no seu día a día, os animais que se atopaban na Antártida... e ademais ensinaronnos videos e fotos da zona. Para rematar,  o alumnado tivo tempo para facerlles preguntas e resolver as súas inquedanzas.

Moitas grazas ao persoal do Hespérides, foi unha actividade súper interesante e da que aprendemos un montón! 

Aquí vos deixamos un vídeo resumo! 



mércores, 10 de maio de 2023

A BRUXA DAS CORES EN ED. INFANTIL


Este martes 9 de maio, o alumnado de Educación Infantil asistiu no Museo de Pontevedra a un conto titulado " A bruxa das cores" no que, a través de diferentes cadros do museo traballaron a educación socioemocional, sendo a protagonista do mesmo unha bruxa dun cadro, que ía alimentándose de diferentes cores coas que fumos identificando cada unha das principais emocións.

A continuación, tivemos un taller de pintura onde coloreamos a nosa protagonista a bruxa e onde experimentamos tamén coas cores primarias e as súas mesturas, conseguindo así as diferentes cores que identificamos coas  emocións.

Con este conto seguimos traballando na liña do noso proxecto das ODS, concretamente o 3, "Saude e benestar". 

Aquí podedes ver un vídeo do ben que o pasamos!

I EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA DIXITAL: FOTOS DOS PARTICIPANTES

 "UN PLANETA MARABILLOSO!"

Este ano, o Equipo TIC organizou a I Exposición de Fotografía Dixital, relacionada cos ODS:

Grazas á colaboración das familias, conseguimos realizar unha exposicicón moi bonita nas que a natureza é a absoluta protagonista.

Aquí vos deixamos as fotos e lemas recibidos.

           Candela 1.º EP:                            Luca 1.º EP:                                      Luca 1.º EP:

   "Respecta o seu hábitat"    "Aportando o meu gran de area"        "Nubes de algodón especiais"

            Mauro 4.º EP:                              Mauro 4.º EP:                          Noel 4.º EI:

    "Coidemos a natureza"             "Disfruta da natureza"        "Cultivando comida riquiña,

                                                                                                      teño farta a miña barriguiña"

             Noel 4.º EI:                                Nora 5.º EI:                             Nora 5.º EI:

    "Vendo os peixes nadar      "¡¡Temos que coidar o planeta!!"   "¡¡Respecta a natureza!!"

prodúceme moita tranquilidad"

 

 

      (foto en breve)                               (foto en breve)                        

 

         Unai 4.º EP:                                   Unai 4.º EP:

"O formigueiro en acción."             "O traballo das abellas"

 

ATA A PRÓXIMA EDICIÓN!

luns, 8 de maio de 2023

TALLER DE CULLER DE PAU EN INFANTIL, 1º, 2º E 3º

Hoxe o alumnado de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria tiveron a sorte de recibir a Javier Olleros e ao seu compañeiro Álex no cole, chefs en Culler de Pau, un restaurante que atopamos moi preto de nos e que conta con dúas estrelas michelín. 

Clicade na foto para ver máis!

Eles explicáronnos como cultivan moitos dos produtos cos que cociñan, a importancia da horta e de como debemos achegarnos os máis pequenos ao mundo da cociña dunha forma sustentable e co cariño que nos transmitiron os chefs. Esta actividade encádrase tamén no noso proxecto arredor das ODS.

Ademais, puidemos probar a súa receita de algas crocantes con salsa de cabaza a modo de ketchup que estaba boíííísima!


Tamén contamos coa presencia da TVG, que nos gravou e ademais puidemos saír en directo! Todo un luxo! Aquí vos deixamos o enlace da nova para que poidades vela: https://www.g24.gal/-/leccion-de-cocina-creativa-saudable-e-sostible-no-colexio-do-grove 

Moitas grazas! Pasámolo moi ben e aprendemos un montón!

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

No tempo de lecer de hoxe, o alumnado do club de lectura volveuse reunir na biblioteca para comezar con novas actividades despois da saída conxunta co club de lectura do CEIP Valle-Inclán a Padrón.

Nesta ocasión eliximos libros que o propio alumnado decidiu, para realizar unha pequena recomendación lectora de cara as lecturas de verán nun podcast que gravaremos ao finalizar as lecturas.



xoves, 4 de maio de 2023

2ª FASE DO PDI EN EDUCACIÓN INFANTIL

Durante o 2º trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil comezamos a separar o lixo nos diferentes colectores. 

Para iniciarnos na temática visualizamos vídeos sobre o coidado do planeta e a necesidade de reducir os residuos, reutilizar e reciclar; fixemos xogos en equipos para diferenciar os colectores e o lixo que se botaba neles; coloreamos e unimos cada residuo coa súa cor correspondente; limos contos e revistas sobre a reciclaxe,...

 

Elaboramos colectores con garrafas de auga para observar cada día o tipo de lixo que xeramos e a cantidade, anotando nun rexistro os resultados. Ao observar que xeramos máis plástico decidimos escribir unha nota ás familias para traer merendas con menos residuos e máis froita e bocadillos, e deste xeito producir compost que utilizaremos para realizar a plantación da primavera.

 

Coas merendas saudables non só coidamos a saúde, senón tamén o noso planeta! Como vedes, estamos traballando un montón no noso proxecto! 


Aquí vos deixamos algunha foto! Pinchade nelas para ver máis!